O Concello de Abadín suspende o servizo de carga de poldros previsto para o domingo

TerraChaXa
A prohibición de Medio Rural de celebración de feiras e mercados de gando para previr a dermatose nodular contaxiosa foi a causa
cargadoiro-de-poldros-de-muras
29 Oct 2025

O Concello de Abadín informou de que quedou suspendida a iniciativa de poñer en marcha o novo servizo destinado aos gandeiros do municipio e da contorna de carga de poldros. A iniciativa estaba previsto realizarse na nave de madeira do mercado de Gontán para facer unha carga de forma organizada e segura.

O servizo que ía celebrarse o domingo 2 de novembro, a partir das 12:00 horas, queda en suspenso ata novo aviso debido á prohibición de Medio Rural de celebración de feiras e mercados de gando para previr a dermatose nodular contaxiosa.

Segundo indicou o concello, os animais contarán cunha tarifa regulada segundo a súa morfoloxía e idade. Con esta medida preténdese ofrecer un apoio adicional ao sector gandeiro local, mellorando as condicións de manexo e transporte dos animais nas feiras e mercados.

Os gandeiros interesados para a futura actividade deberán contactar coa Asociación ACGEMA no teléfono 629 678 033, onde poderán facilitar os datos de carga e recibir toda a información necesaria sobre as condicións establecidas.

⚙ Configurar cookies
0.065161943435669