O Concello de Alfoz abre a inscrición para os servizos de Madrugadores, OES e inglés

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz comunicou que a partir do 1 de setembro estarán dispoñibles as inscricións na Casa do Concello para os programas de apertura do Ceip Plurilingüe Castro de Ouro como Madrugadores, OES (ocio e estudo) e inglés que fomentan a conciliación.
cartelprincipal1
28 Ago 2020

O Concello de Alfoz comunicou que a partir do 1 de setembro estarán dispoñibles as inscricións na Casa do Concello para os programas de apertura do Ceip Plurilingüe Castro de Ouro como Madrugadores, OES (ocio e estudo) e inglés que fomentan a conciliación.

Pódense recoller ata o 8 de setembro, aínda que se poderán incorporar novos usuarios ao longo do curso mentres haxa prazas dispoñibles.

Estes servizos son totalmente gratuítos e funcionarán desde o primeiro día de clase ata o remate do curso.

O servizo de madrugadores arrancará o día 10 e amplía o seu horario este curso comenzando ás 7.45 horas da mañá.

0.16725206375122