O Concello de Alfoz organiza varias actividades para agosto
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz organiza varias actividades para agosto.
30 Xul 2020
O Concello de Alfoz organiza varias actividades para agosto.
Así, continuarán co Ludiverán que dará comezo o 3 de agosto e rematará o 31 en horario de 10 a 13.30 horas no Ceip Castro de Ouro.
Tamén o 29 de agosto diante do Castelo de Castrodouro unha actuación do novo circo de Sue Moreno, se o tempo non acompaña será no pavillón municipal.
Por outra banda, haberá reunións para o vindeiro curso 2020-2021.
O encontro será o martes 25 de agosto no salón de actos da Casa da Cultura para informar sobre Servizo de Madrugadores, ocio e estudio, clases de inglés (conciliación no CEIP Castro de Ouro); escolas deportivas; becas de transporte do Concello; becas do Ministerio de Educación e outras posibles novidades.