Varios concellos organizan videochamadas con Papá Noel e cos Reis Magos

TerraChaXa | AMariñaXa
Varios concellos veñen de comunicar que están a organizar videochamadas con Papá Noel e cos Reis Magos, dirixido aos nenos dos municipios.
o incio_img155952t0
28 Nov 2020

Os concellos de Alfoz, O Valadouro, Burela, Xove, Cervo e Riotorto veñen de comunicar que están a organizar videochamadas con Papá Noel e cos Reis Magos, dirixido aos nenos dos municipios.

O rexistro pode facerse dende a web  www.nadal2020.es na que haberá que rexistrarxe con nome, datas e teléfono.

A partir da vindeira semana comenza o prazo para rexistrarxe na plataforma e organizar as videochamadas.

As inscricións para Papá Noel son do 25 de novembro ao 17 de decembro e para os Reis Magos do 25 de novembro ao 29 de decembro.

Se algún pai ou nai non ten wasap e non pode recibir a videochamada, deberán chamar ao teléfono de información da plataforma 641 585 245, e dende ese teléfono facilitaranlle a ese pai ou esa nai a maneira de que o neno poida falar con Papá Noel ou cos Reis. En todos os casos, a reserva de cita pode ser para Papá Noel, para os Reis Magos ou para ambos. Este servizo é de carácter totalmente gratuito para as familias.

117794227_1419334824918376_211165588427423711_n
0.18907690048218