O Concello de Alfoz prepara para decembro diferentes actividades
O Concello de Alfoz prepara para decembro diferentes actividades, desde teatro a talleres variados.
Así, o xoves día 3 na biblioteca de 18 a 19 horas, haberá un Taller de libros electrónicos. Para coñecer os diferentes lectores así como os tipos de arquivos máis frecuentes dos libros, programas para convertir os arquivos, páxinas de descargas gratuítas, libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia, etc. É unha actividade gratuíta sen inscrición previa.
Xa o sábado 19 de decembro volverá o teatro pero nesta ocasión de monicreques. Estará a cargo de A Xanela de Maxín e a súa obra O apalpador e a nena sen medo, e será ás 19.00 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz. Haberá aforo limitado a 50 persoas e a entrada é gratuíta.
Por último, o luns 28 de decembro, de 10.30 a 13.00 horas, será a actividade Nadal na biblioteca, para nenos de 3 a 12 anos. Así, haberá contacontos con música e pictogramas, manualidades, e xogos de pistas. É unha activiade para grupos reducidos e con previa inscrición antes do comezo.
Para anotarse a todas as actividades ou pedir máis información será necesario consultar a web do concello www.concellodealfoz.com ou chamar ao teléfono 982 558 001.