O Concello de Alfoz publicou as subvencións para asociacións

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz publicou as subvencións para asociacións para este ano 2020. Son subvencións para a promoción de actividades.
Captura de pantalla 2020 07 25 a las 12.22.43
22 Nov 2020

O Concello de Alfoz publicou as subvencións para asociacións para este ano 2020. A primeira é unha subvención para a promoción de actividades deportivas destinadas a entidades e asociacións sen animo de lucro, públicas ou privadas, que cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxecto de desenvolvemento de actividades que persigan o fomento do deporte e vida saludable.

Pódese consultar o formulario aquí.

A seguinte subvención é para a promoción de actividades educativas e formativas destinadas a centros públicos educativos do Concello de Alfoz, asociacións de pais e nais e asociacións municipais que teñan implicación no sector primario; que cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxecto o desenvolvemento de proxectos, programas ou actividades que persigan un fin educativo pero tamén formativo.

Pódese consultar o formulario aquí.

A última subvención publicada é para a promoción de actividades culturais destinadas as asociacións que figuren no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Alfoz, cumplan os requisitos establecidos nas bases e teñan como obxeto o desenvolvemento de actividades que persigan un fin cultural.

Pódese consultar o formulario aquí.

0.10694909095764