O Concello de Barreiros presenta un programa de actividades infantís virtuais
O Concello de Barreiros presentou este ano a súa proposta para o Nadal, que consistirá en diferentes actividades para realizar os nenos na casa dentro dun programa que leva por título O Nadal Máis Caseiro.
Así, dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro haberá unha actividade diferente cada día que poderá consultarse a través das redes sociais do Concello de Barreiros onde se colgarán vídeos ou instrucións para realizalas. "Este ano tan especial, no que non podemos desfrutar tanto das rúas e das amizades como de costume, é necesario ser responsables e continuar a demostrar que cumprimos as normas", explican.
