O Concello de Begonte abre a inscrición para as actividades socioculturais e deportivas
O Concello de Begonte abriu o prazo para inscribirse nas actividades socioculturais e deportivas do vindeiro curso 2024 - 2025 destinadas a nenos/as, mozos/as e adultos/as.
Entre as actividades ofertadas pódense atopar multideporte, natación, tenis, baloncesto, informática, teatro, pilates, cestería, fútbol, sala, xadrez, inglés, patinaxe, pádel, voleibol, zumba ou robótica entre outros.
O primeiro prazo de inscrición vai dende o 23 de agosto ata o 20 de setembro e publicaranse as listas de admitidos entre o 25 e o 27 de setembro.
O segundo prazo de inscrición vai dende o 7 ata o 17 de xaneiro 2025 e a publicación de admitidos/as será entre o 22 e o 24 de xaneiro.
As listaxes de admitidos/as poderán consultarse nas dependencias do Concello.
Para formalizar a matrícula será necesario entregar no rexistro das dependencias do Concello ou enviar pola sede electrónica (https://begonte.sedelectronica.es/info.1) a solicitude correctamente cuberta e asinada.
CONSULTA AS ACTIVIDADES NESTE ENLACE