O Concello de Begonte abre o primeiro prazo de inscrición nas actividades deportivas e culturais do curso 17/18
Abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas e culturais que se desenvolverán dentro do programación proposta polo Concello de Begonte para o 2017/2018 dirixida tanto a nenos e nenas coma a adultos e que se estenderán entre o 2 de outubro e o 31 de maio.
Patinaxe, multideporte, ximnasia rítmica, informática e internet, fútbol sala, taekwondo, bailes modernos, manualidades, ioga e tenis son as propostas deportivas e culturais para os máis pequenos e pequenas; mentres que para mozos, mozas e adultos o Concello de Begonte oferta tapicería, manualidades, internet, bailes de salón, memoria, pintura, Zumba, aeróbic, Pilates, ioga, Zumbeando e ximnasia de mantemento.
O primeiro prazo de inscrición pecha o xoves 28 de setembro, mentres que o segundo prazo de inscrición queda establecido entre o 18 e o 28 de decembro. A súa formalización pode realizarse na páxina web www.concellodebegonte.es, presentala no Concello ou remitila por correo ao enderezo inscricions@concellodebegonte.es.
Os prezos de inscrición oscilan entre os 12 e os 90 euros o curso completo, aínda que no caso das clases de tenis será de 20 euros ao mes e para as clases de taekwondo, que serán gratuítas, será a Federación a que indique o prezo da licencia.