O Concello de Begonte abre un tempo de consulta para planificar o servizo da Escola Infantil
Rematadas as obras da Escola Infantil Municipal de Begonte e en pleno proceso de tramitación para a súa apertura, o Concello inicia un período de consultas co obxectivo de avaliar as necesidades das familias no uso deste servizo educativo.
Ábrese un prazo de 30 días naturais, que se estenderá ata o 25 de febreiro, para que as familias do municipio e da contorna poidan expresar o seu interese e demanda mediante unha ficha de presolicitude dispoñible no sitio web do Concello.
A información recollida terá unicamente fins estatísticos e de planificación. "É importante destacar que a presentación desta ficha non garante a dispoñibilidade de praza na escola infantil, sendo necesario realizar a solicitude formal cando se abra o prazo oficial para iso", explican desde o Concello.
As fichas de presolicitude poderán presentarse presencialmente nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello de Begonte ou a través doutros medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A ficha pode descargarse neste enlace.