O Concello de Begonte abre unha campaña de recollida de alimentos

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Begonte organiza, un ano máis, unha campaña de recollida de alimentos en favor de todas aquelas familias da contorna que o están a pasar mal.
36321820_1774742025954743_7966396454057017344_n
10 Dec 2020

O Concello de Begonte organiza, un ano máis, unha campaña de recollida de alimentos en favor de todas aquelas familias da contorna que o están a pasar mal.

Esta campaña estará en marca dende hoxe ata o próximo luns día 21 de decembro.

Recolleranse todo tipo de alimentos non perecedeiros como doces navideños, latas de conserva, aceites, leite, legumes, arroz, etc.

O punto de recollida estará situado  na propia casa consistorial en horario de luns a venres de 9.00h a 14.30h.

0.13191890716553