O Concello de Begonte abreo o prazo para as actividades socioculturais e deportivas do vindeiro curso
O Concello de Begonte abre o prazo para inscribirse nas actividades socioculturais e deportivas do vindeiro curso 2023 - 2024 destinadas a nenos/as, mozos/as e adultos/as.
Entre as actividade ofertadas pódense atopar multideporte, natación, tenis, baloncesto, informática, costura, teatro, xadrez ou robótica entre outros.
O primeiro prazo de inscrición vai dende o 14 de agosto ata o 8 de setembro e publicaranse as listas de admitidos entre o 18 e o 29 de setembro.
O segundo prazo de inscrición vai dende o 8 ata o 19 de xaneiro 2024 e a publicación de admitidos/as será entre o 22 e o 26 de xaneiro.
As listaxes de admitidos/as poderán consultarse nas dependencias do Concello.
Para formalizar a matrícula será necesario entregar no rexistro das dependencias do Concello ou enviar pola sede electrónica (https://begonte.sedelectronica.es/info.1) a solicitude correctamente cuberta e asinada.
Anexar a certificación da conta bancaria co código IBAN do alumno/a inscrito/a ou do pai, nai ou titor/a no caso de que aquel/a sexa menor de idade.
O modelo de inscrición pode consultarse aqui e o tríptico de actividades aquí.