O Concello de Begonte acollerá unha nova edición do Campus de Ximnasia Rítmica no verán

Un verán máis, o Club Violeta Ximnasia Rítmica, en colaboración co Concello de Begonte, organiza unha nova edición do Campus de Ximnasia Rítmica, que terá lugar do 7 ao 11 de xullo no Pavillón Municipal de Begonte.
O campus desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo tamén a opción de acollida temperá dende as 9:00 para facilitar a conciliación familiar. As actividades inclúen técnica corporal e de aparatos, danza, xogos, preparación física, acrobacias e talleres creativos.
As prazas son limitadas e xa está aberto o prazo de inscrición, que pode realizarse a través de WhatsApp no número 645 483 985 (Yaiza).
Este evento converteuse nunha cita esperada cada verán polas familias da comarca, combinando deporte, creatividade e diversión para as máis pequenas e pequenos.