O Concello de Begonte adxudica a obra da escola infantil
O Concello de Begonte adxudicou onte a empresa 07 Obras e Servizos a obra de construción da escola infantil nas inmediacións do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño e para a que o ente municipal recibiu unha subvención de 240.000 euros.
Este proxecto permitirá a creación de 45 prazas de educación infantil de 0 a 3 anos no Concello de Begonte.
As instalacións, de nova construción nunha única planta, constarán de dúas aulas, recepción, despacho e aseos ademais dunha zona de xogos ao aire libre.
Para a construción desta escola aprovéitase o proxecto co que xa contaba o Concello para construír un Punto de Atención á Infancia (PAI).
A alta demanda existente levou ao Concello a apostar por transformar o proxecto e o alcalde, José Ulla, espera que poda estar en marcha antes de fin de ano, xa que a empresa puxo como mellora rematar a obra cinco semanas antes. "Intentaremos que poda estar en setembro, pero se non é así, contamos con tema antes do cambio de ano", dixo.