O Concello de Begonte aproba as axudas para os afectados polos asolagamentos
O Concello de Begonte van de aprobar novas axudas destinadas ás familias afectadas polos asolagamentos de xaneiro.
As cantidades destinadas ás familias irán dende os 500 ata os 1500 euros cun total de catro cantidades diferentes, 500, 750, 1000 e 1500. Neste primeiro reparto serán un total de 13.750 euros os repartidos sen embargo dende o Concello informan que a cifra superará os 15.000 xa que están pendentes da aprobación dunha solicitude a que se lle requiriu documentación complementaria ao interesado.
A maioría dos damnificados, se ben non todos, solicitaron a axuda municipal para a que era necesario presentar unha valoración de danos que foi o utilizado dende o Concello para asignar as cantidades das axudas xunto a outras informacións como estar empadroado ou dispor de seguro.
Segundo informan dende o Concello o obxecto desta convocatoria é paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas das inundacións producidas no municipio.