O Concello de Begonte cualifica de "parche" ao amaño da estrada LU-P-0802
O Concello de Begonte denunciou en datas pasadas o mal estado da estrada Provincial Lu-P 0802 que discorre polas parroquias de Viris, Donalbai e Santalla de Pena, que xera un importante risco para a seguridade de vehículos e peóns. O alcalde de Begonte, José Ulla, e os veciños afectados, solicitaron que se acometese unha rexeneración integral da banda de rodadura da estrada o discorrer polo Concello.
"Pois parece que as peticións lexítimas dos begonteses caeron en saco roto e a Deputación só vai a facer traballos de rebacheo e limpeza de cunetas en puntos determinados", o que para José Ulla é "un parche" e "unha tomadura de pelo". Ulla destacou, "que van mais de dez anos sen que se faga un mantemento en condicións da rede provincial en Begonte, co risco para a seguridade vial que esto supón".
Por todo o anterior, Ulla manifestou que "o equipo de goberno levará unha iniciativa o pleno do Concello para solicitar a Deputación de Lugo o arranxo integral da banda de rodadura da estrada con mistura bituminosa de aglomerado en quente tal e como fai a Deputación noutros concellos, curiosamente a maioría gobernados polo partido socialista".