O Concello de Begonte dará axudas aos hostaleiros
TerraChaXa
O Concello de Begonte levará ao Pleno unha iniciativa na que presenta unha liña de axudas para o sector da hostalaría local, un dos máis afectados pola pandemia.
13 Feb 2021
O Concello de Begonte levará ao Pleno unha iniciativa na que presenta unha liña de axudas para o sector da hostalaría local, un dos máis afectados pola pandemia.
A obxecto da axuda será a entrega de mil euros a cada local. Para elo o Concello habilita unha partida de 20.000 euros de fondos propios que podería ampliarse no futuro si se estima necesario.
O único requisito para acceder a esta axuda é estar dado de alta e desenvolver a actividade no termo municipal de Begonte.
Estas axudas serán compatibles con outras que se podan solicitar doutros organismos. Unha vez que as axudas sexan públicas, haberá un prazo de 15 días naturais para solicitar esta axuda no Concello de Begonte.