O Concello de Begonte define os prazos para inscribirse no ximnasio municipal

TerraChaXa
A tarifa anual só poderá adquirirse entre o 15 de decembro de 2025 e o 15 de xaneiro de 2026
tarifas-ximnasio-begonte
3 Dec 2025

O Concello de Begonte informou das novas tarifas do Ximnasio Municipal para o ano 2026, que incorporan algunhas modificacións nos prazos de adquisición co obxectivo de mellorar a organización do servizo e facilitar a planificación ás persoas usuarias.

Segundo comunicou o executivo local, establécense novidades importantes nos períodos habilitados para a compra das diferentes modalidades. A tarifa anual só poderá adquirirse entre o 15 de decembro de 2025 e o 15 de xaneiro de 2026, e permitirá o seu desfrute ata o 31 de decembro de 2026.

Pola súa banda, a tarifa semestral deberá adquirirse exclusivamente nas dúas ventás dispoñibles ao longo do ano: do 1 ao 15 de xaneiro e do 1 ao 15 de xullo de 2026.

A tarifa mensual, pola contra, manterá unha maior flexibilidade e poderá contratarse en calquera momento do ano, aínda que só ata o 1 de decembro de 2026.

Desde o Concello lembran ás persoas usuarias a importancia de ter en conta estes prazos para garantir o acceso ao servizo nas condicións desexadas e agradecen a colaboración e compromiso da veciñanza coa actividade deportiva municipal.

As tarifas serán de 200 euros anuais para individuais empadroados e os 425 para as familias. A mensual é de 25 euros e 60 para familias e a semestral de 120 e 240 no segundo caso. Haberá que aboar unha matrícula de 20 euros no primeiro caso e de 30 no segundo. Todos estes prezos incrementaranse no caso de non estar empadroados.

⚙ Configurar cookies
0.080783843994141