O Concello de Begonte FS abre o prazo de inscrición para futbol sala
TerraChaXa
O Concello de Begonte vén de abrir estes días o prazo para inscribirse nas categorías de base do Concello de Begonte Fútbol Sala.
10 Aug 2022
O Concello de Begonte vén de abrir estes días o prazo para inscribirse nas categorías de base do Concello de Begonte Fútbol Sala. Así, poderán participar todos os pequenos e pequenas da localidade que naceran entre 2019 e 2004 para inscribirse nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
O prazo estará aberto ata o 31 de agosto e a inscrición debe formalizarase no rexistro do Concello de luns a venres entre as 09.00 e a 14.30 horas presentando debidamente cuberto o modelo de solicitude.
Tamén se poderá realizar mediante a sede electrónica do Concello de Begonte, premendo na seguinte ligazón
Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electronicamente con certificado dixital de persoa física, DNI electrónico ou clave concertada.O prezo por neno é de 20 euros excepto na categoría Biberón que será de 10. Tamén aplicarase unha redución do 15% para 2º o/fillo/a, do 25% para o 3º e do 50% para o 4º que asista a fútbol sala.
Os horarios marcados no formulario de inscrición son orientativos e para o posible inicio de actividade, non os definitivos. Máis información no teléfono 982 396 143.