O Concello de Begonte FS celebra a festa de final de tempada o día 21

TerraChaXa
Haberá sesión vermú, festa con inchables e actuación musical do DJ Francis
festa-fin-de-tempada-begonte-fs
Cartel
14 Jun 2025

O Concello de Begonte FS celebra o próximo sábado, 21 de xuño, a Festa Fin de Tempada, que terá lugar no Club Fluvial de Begonte.

Poderán participar todos os membros do club cos seus familiares e nela están previstas numerosas actividades entre as que figuran unha sesión musical seguida dun xantar, festa con inchables e actuación musical con DJ Francis.

A comida consistirá en empanada, churrasco mixto, tortilla, croquetas, patacas, chourizo, tarta de queixo, xeados, café e bebidas.

Os interesados deberán reservar tícket, que terá un prezo de 25 euros para os xogadores sénior, socios e patrocinadores; de 20  para os que estean nas categorías infantil, cadete e xuvenil e de 5 para os máis pequenos. Ademais, para todos os que non sexan xogadores haberá tamén que pagar 30 euro. O último día para reservar é o domingo 15 de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.17187285423279