O Concello de Begonte FS celebra a festa de final de tempada o sábado

TerraChaXa
Pola mañá xogaranse os partidos pais/nais vs nenos/as
festa-final-de-tempada-begonte
Cartel
19 Xuño 2024

O Concello de Begonte FS celebra o próximo sábado, 22 de xuño, a Festa Fin de Tempada, que terá lugar no Club Fluvial de Begonte.

Poderán participar todos os membros do club cos seus familiares e nela están previstas numerosas actividades entre as que figuran unha sesión musical seguida dun xantar, festa con inchables e actuación musical. Pola mañá xogaranse os partidos pais/nais vs nenos/as

A comida consistirá en empanada, churrasco mixto, patacas, chourizo, tarta de Santiago, Café e licores.

Os interesados deberán reservar tícket no 696 766 257 ou no 619 073 861, que terá un prezo de 20 euros para os xogadores sénior, de 10  para os que estenas nas categorías infantil, cadete e xuvenil e de 5 para os máis pequenos. Ademais, para todos os que non sexan xogadores haberá tamén que pagar 10 euros para os menores de 12 anos e 20 para os maiores. O último día para reservar é hoxe, 19 de xuño.

0.16713190078735