O Concello de Begonte FS celebra a festa de final de tempada

TerraChaXa
O Concello de Begonte FS celebra o próximo sábado, 18 de xuño, a Festa Fin de Tempada, que terá lugar no Club Fluvial desta localidade.
FESTA FIN DE TEMPADA CONCELLO BEGONTE FS PORTADA
15 Xuño 2022

O Concello de Begonte FS celebra o próximo sábado, 18 de xuño, a Festa Fin de Tempada, que terá lugar no Club Fluvial desta localidade.

Poderán participar todos os membros do club cos seus familiares e nela están previstas numerosas actividades entre as que figuran unha sesión vermú seguida dunha comida, merenda, festa con inchables e actuación musical.

Os interesados deberán reservar ticket no 648 052 235, que terá un prezo de 12 euros para os xogadores maiores de 12 anos xa que para os menores será gratuíto. Ademais, para todos os que non sexan xogadores haberá tamén que pagar 12 euros para os menores de 12 anos e 25 para os maiores.

FESTA FIN DE TEMPADA CONCELLO BEGONTE FS
0.11262106895447