O Concello de Begonte FS celebra a súa tradicional cea de Nadal o día 20

TerraChaXa
A velada estará amenizada coa actuación musical de DJ Ello, que porá o ritmo a unha das citas sociais máis esperadas do club
cea-de-nadal-concello-de-begonte
5 Dec 2025

O Concello de Begonte Fútbol Sala anunciou a celebración da súa tradicional cea de Nadal, que terá lugar o vindeiro 20 de decembro no restaurante Paz y Ana. A xornada festiva incluirá un menú especial composto por unha selección de primeiros pratos —entrantes variados, croquetas caseiras, luras fritas e langostinos ao whisky— e uns segundos centrados en tenreira e cordeiro asado acompañados de patacas e ensalada. Ademais, os asistentes poderán gozar de sobremesa caseira, viños Mencía e Albariño, así como café e licores.

A velada estará amenizada coa actuación musical de DJ Ello, que porá o ritmo a unha das citas sociais máis esperadas do club. Os prezos establecidos son de 35 euros para socios, 40 para non socios e 18 euros para menores de 12 anos. A organización puxo á disposición do público varios números de contacto para reservas, co obxectivo de facilitar a participación nun encontro que cada ano reúne a xogadores, familias e simpatizantes arredor dun ambiente festivo e de convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.074603080749512