O Concello de Begonte FS celebra unha nova edición do maratón de fútbol sala

O Concello de Begonte FS organiza un maratón de fútbol sala para as categorías masculina e feminina esta fin de semana, dando comezo na tarde do venres no pavillón de Baamonde.
O prazo de inscrición remata o 2 de xullo, e o sorteo de equipos realizarase no pavillón o xoves 3.
A que é a IX edición desta cita establece unha categoría masculina con premio económico para os catro primeiros (entre 1.000 e 200 puntos). Haberá trofeo tamén para o mellor xogador, o mellor porteiro e o mellor quinteto.
O montante dos premios estará en función do recadado na inscrición que é de 150 puntos por equipo. Esta debe facerse nos teléfonos 606 854 777 ou no 696 766 257.
Ademais, o venres, a partir das 17.00 horas, terá lugar tamén un campionato de tute para o que tamén está aberto o prazo de inscrición. Unha vez que remate este comezará a competición futbolística.
A inscrición é de 20 puntos por parella e este ten que facerse no teléfono 696 766 257. A parella gañadora levarase o 70% da recadación e o subcampión o 30%. Para o campión e subcampión da repesca haberá lotes de produtos de agasallo.
Para completar a fin de semana, o sábado terá lugar no pavillón de Baamonde unha sesión musical de noite con DJ ELLO.