O Concello de Begonte FS recolle fondos para a asociación contra o cancro
TerraChaXa
Coincidindo coa celebración este sábado do Día Internacional contra o cancro infantil, o club de Fútbol Sala local en colaboración co Concello realizarán unha recollida de fondos en favor da Asociación Española Contra o Cancro.
13 Feb 2020

A recollida farase nos partidos que esta fin de semana disputan os equipos xuvenil, sénior masculino e sénior feminino, na mesa colocada na entrada do pavillón de Baamonde.
Ademáis, o importe recaudado coa venda de rifas para a cesta que se sortea no descanso do partido do equipo sénior masculino tamén se donará á Asociación Española Contra o Cancro.