O Concello de Begonte FS xa ten listo o seu equipo masculino para a próxima tempada
O Concello de Begonte FS masculino ten xa listo o equipo para a próxima tempada, equipo que aposta pola renovación para loitar na Terceir División.
Os primeiros en renovar foron o seu adestrador, David Pena, e o capitán do equipo, Brais Cereijo, adestrador do conxunto xuvenil.
Tamén renova o capitán Yago Tizón, David e Borja; os porteiros Jorge e Hugo; os canteiráns Villegas, Dani Varela, Brais Ansede e Dani Jove, Fran Pastor, Freire, Jaco
Entre as novidades destada a baixa de Xico, un dos que deu o salto do equipo xuvenil ó primeiro equipo a tempada pasada e no que se fixo un xogador importante tanto na pista como no vestiario. Cambia de ocupación Richi, que deixa de ser xogador do equipo sénior por decisión propia pero entra a formar parte do corpo técnico no primeiro equipo.
Entre os fichaxes, incorpórase o porteiro Yago Amarelo procedente do Peugeot Vilalba FS así como cinco canteiráns, Pablo, Jose, Sergio, Astray e Dani, que realizarán a pretempada co equipo de terceira división, ó que se lle irán incorporando outros xogadores do xuvenil ó longo de todo o ano como vén sendo habitual.