O Concello de Begonte iniciará a reforma da fachada da Casa Consistorial
O Concello de Begonte firmará estes días un convenio coa Deputación Provincial para rematar as obras de rehabilitación do Casa Consistorial. Esta última fase consistirá na adecuación da fachada, unha vez rematados os traballos no interior, que consistiron nunha reforma integral, na que se cambiu a carpintería, tabiques interiores e a propia distribución para facer máis accesible o edificio e conseguir, ademais, un aforro enerxético.
Estas obras de rehablitación tiveron un orzamento de 300.000 euros e a súa necesidade quedou xustificada ao tratarse dun dos concellos máis obsoletos da provincia, con problemas de goteiras, na última parte estaba a vivenda dos secretarios con teito de madeira en mal estado, era moi importante esta reforma para seguir en marcha.
A seguinte fase, para o que esperan firmar estes días un convenio coa Deputación por un valor de entre 70.000 e 80.000 euros, consistirá na reparación da fachada, en especial naquelas zonas castigadas polas reformas do interior. Serán pequenos retoques, ademais de colocar pedra na parte de abaixo e mortero acrílico.
Ademais, xa firmou un convenio con Vicepresidencia por un valor de 50.000 euros para a dotación de nova mobiliario en todas as oficinas municipais, que dende a reforma atópanse no piso de abaixo para un mellor acceso cidadán, deixando na planta segunda Alcaldía e Tesourería e o salón de actos na terceira.
Segundo indicou o alcalde, José Ulla, toda a reforma fíxose con fondos propios e aportacións da Deputación e de Vicepresidencia.