O Concello de Begonte organiza un curso gratuíto de micoloxía en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño

TerraChaXa
As prazas son limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición previa
setas-cogomelos-micoloxia
23 Oct 2025

O Concello de Begonte, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, anuncia a celebración dun curso gratuíto de micoloxía destinado a todas as persoas interesadas en coñecer mellor o mundo dos fungos e cogomelos.

A actividade desenvolverase o domingo 2 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula da Natureza de Begonte, situada ao carón do Centro Médico. Durante a xornada, os participantes poderán aprender a identificar distintas especies e a coñecer o seu valor ecolóxico e gastronómico.

As prazas son limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición previa, que poderá formalizarse presencialmente nas oficinas do Concello de Begonte, en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou ben por teléfono no 982 39 61 43. O prazo remata o 24 de outubro.

Esta iniciativa enmárcase nas accións de educación ambiental promovidas pola Reserva da Biosfera Terras do Miño, co obxectivo de fomentar o respecto e a conservación do patrimonio natural da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.067734956741333