O Concello de Begonte organiza unha viaxe a Baiona e Portugal
O próximo venres, día 19 de xullo, o Concello de Begonte organiza unha nova excursión a Baiona e Portugal na que se visitará a Virxe da Rocha, o Castelo de Monterreal e despois irán a Portugal a comer o bacallau e pasar a tarde na Fortaleza de Valença do Minho.
A excursión ten un prezo de 45 euros para os empadroado e se encarece dez euros para os non empadroados. Viaxe, almorzo e comida está incluídos no prezo.
Establecéronse 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición no Concello. Para formalizar a inscrición será necesario realizar os trámites nas oficinas do concello, cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude) antes do martes 16 de xullo.