O Concello de Begonte organiza unha viaxe a Padrón e Santiago
TerraChaXa
O Concello de Begonte pon en marcha unha excursión dirixida a toda a veciñanza a Padrón e Santiago de Compostela para o 18 xuño.
12 Xuño 2023
O Concello de Begonte pon en marcha unha excursión dirixida a toda a veciñanza a Padrón e Santiago de Compostela para o 18 xuño. Visitarán a Feira de Padrón en primeiro lugar, a localidade de Padrón e a capital galega.
O prezo da actividade é de 35 euros para empadroados e de 45 para os que non o están. Inclúe almorzo, comida e viaxe.
O número de prazas e limitado polo que a inscrición estará aberta ata o 15 de xuño no Concello de Begonte.