O Concello de Begonte organiza unha viaxe a Portugal
TerraChaXa
O Concello de Begonte organiza unha excursión a Portugal o día 20 de xullo. O obxectivo é visitar a feira de Valença do Miño e a Fortaleza.
13 Jul 2022
O Concello de Begonte organiza unha excursión a Portugal que terá lugar o próximo día 20 de xullo. O obxectivo é visitar a feira de Valença do Miño e a Fortaleza.
A viaxe te un custe de 25 euros para veciños e 35 para os que non estean empadroados.
O Concello pon a disposición cen prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Easta debe facerse antes do luns 18 de xullo nas oficinas municipais achegando DNI, tarxeta sanitaria de xustificante de pago.
A viaxe inclúe almozo, comida e viaxe propiamente dita.