O Concello de Begonte organiza viaxes á praia todos os domingos do verán

TerraChaXa
A actividade consistirá en organizar visitas dun día aos distintos areais das provincias de Lugo e A Coruña
Foz-praia-Areoura
9 Jul 2025

O Concello de Begonte recupera a súa actividade Domingos á praia arrancando o día 13 coa visita a San Cibrao.

A actividade consistirá en organizar visitas dun día aos distintos areais das provincias de Lugo e A Coruña con saída ás 10.00 horas fronte á oficina de Abanca e regreso ás 19.30 horas.

Para participar é necesario inscribirse a semana anterior a cada viaxe, que ten un prezo de 5 euros, e deberá aportarse o nome, os apelidos, o DNI, a dirección e o teléfono.

Nos seguintes domingos deste mes as visitas serán ás praias de Foz e Ares.
En agosto o programa establece a primeira visita o domingo 3 á de Covas, en Viveiro, seguida das de Riazor, Cabanas, Foz e rematarán en Razo.

⚙ Configurar cookies
0.08319091796875