O Concello de Begonte pon en marcha un parque de vivendas para aluguer social

TerraChaXa
Begonte está a traballar na posta en marcha dun parque de vivendas para aluguer social enmarcado dentro de axuda social e emerxencia.
casas aluguer social begonte
23 Out 2022

O Concello de Begonte está a traballar na posta en marcha dun parque de vivendas para aluguer social enmarcado dentro do programa de axuda social e emerxencia.

Con esta fin, recentemente rematouse a rehabilitación da antiga escola de Saavedra, que xa foi rehabilitada complementamente e amoblada.

Ademais, como informan dende o Concello, en breve poñeranse en marcha dúas vivendas máis na parroquia de Donalbai co mesmo fin social.

Para que este proxecto sexa unha realidade, o Concello de Begonte e a Xunta de Galicia, que financia o 80% dos proxectos mediante obradoiros de emprego e subvencións, traballan en conxunto.

0.072613954544067