O Concello de Begonte prepara de novo o Mercado de Nadal
O Concello de Begonte estará a preparar por segundo ano consecutivo un mercado de nadal que se celebrará os días 17 e 18 de decembro na praza Irmáns Souto Montenegro.
Os interesados en participar como vendedores poden solicitar o seu posto no Concello. Búscanse expositores de artesanía, alimentación, ocio, decoración, atraccións, etc, que terán a súa estadía gratuíta.
A intención do Concello é preparar para eses días de mercado unha morea de actividades para nenos e adultos.
Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no Concello a través do teléfono 982 396 143 ou 619 455 026 ou na dirección de correo cultura@concellodebegonte.es.
O Concello repite nesta convocatoria depois do éxito acadado o ano pasado, xa que contou con numeroso público asistente e moitos postos de venda.