O Concello de Begonte reformará a escola de San Vicente de Pena cunha axuda

TerraChaXa
O Concello de Begonte recibiu unha axuda do Instituto de estudos do Territorio para acometer a renovación de exterior da antiga escola de San Vicente de Pena.
reforma escola san vicente de pena begonte
11 Maio 2024

O Concello de Begonte recibiu unha axuda do Instituto de estudos do Territorio para acometer a renovación de exterior da antiga escola de San Vicente de Pena.

Os traballos consistiron na renovación do acabamento exterior das fachadas (paramentos, carpintarías, cerrallarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da inexistencia dun adecuado acabado final, o deficiente estado de conservación ou a tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

Este proxecto ten un orzamento total de 24.182 euros e a axuda é de 15.821. Os traballos comprenden a instalación de estadas e a execución dun revestimento de fachada cun sistema de illamento térmico exterior (SATE-ETICS) con acabado en morteiro e cor seguindo os criterios establecidos na Guía de Cor e Materiais de Galicia. Tamén se fará a instalación de canlóns e baixantes para a recollida das augas pluviais e a modificación de cabreado e caixas existentes na fachada.

Esta antiga escola, que agora está destinada a local social, xa sufrira unha reforma e reforzo de estrutura e cuberta cun obradoiro de emprego.

0.20741701126099