O Concello de Begonte ten en exposición pública o Inventario de Camiños

TerraChaXa
Poderá consultarse e presentar alegacións ata o 18 de febreiro
inventario-caminos-begonte
30 Jan 2025

O Concello de Begonte informa que o pasado 21 de xaneiro de 2025 foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación inicial do inventario de vías e camiños municipais. A partir desa data, queda aberto un período de 20 días laborais para a presentación de alegacións, rematando o prazo o 18 de febreiro de 2025.

A veciñanza interesada ten á súa disposición o documento e os planos para consulta nas oficinas municipais, en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través desta ligazón.

0.1842839717865