O Concello de Burela cancela dous obradoiros

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Burela anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña e tamén os Obradoiros de Nadal.
5 Nov 2020

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña, que estaba previsto para este sábado, 7 de novembro, e  tamén os Obradoiros de Nadal, que ían ter lugar todos os venres deste mes.  

A edil Toñi Eijo sinala que “tras a situación provocada pola covid-19 no noso pobo vémonos obrigados a cancelar estas actividades. Facémolo por responsabilidade e como medida de precaución. A nosa intención é facer ambas iniciativas en canto a situación o permita”.

0.19691514968872