O Concello de Burela encargará un estudo económico sobre o custe que suporá demoler a grada da Marosa deteriorada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 sep 2019

O Concello encargará un estudo económico sobre o custe que terá a demolición da grada do campo de fútbol da Marosa, que sofre un problema estrutural. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que asegura querer resolver esta incidencia o antes posible. 

O edil socialista explicou que “no Concello de Burela estamos traballando no tema da grada do campo de fútbol da Marosa, que ten un problema estrutural importante que xa detectamos hai unhas semanas. O que máis présa nos corre agora mesmo é a demolición desta grada que está afectada e nos próximos días vamos contratar un estudo económico para saber canto pode custar esa demolición, que é o que máis nos urxe e o que nos recomendaron os técnicos”.

Ramiro Fernández dixo que “o seguinte paso será facer un proxecto para unha grada nova, ver que posibilidades temos, que tipo de grada queremos, con que estrutura e incluso para os vestiarios do campo de fútbol, que están afectados porque están debaixo da grada, temos que mirar se podemos conservar esa situación ou haberá que ver incluso a posibilidade de cambialos de lugar e non telos soterrados senón ao lado do campo”

O concelleiro de Deportes agarda que “nas próximas semanas teñamos noticias sobre o tema e saibamos de que estamos falando a nivel económico. E a partir de hai traballaremos para solucionar este problema que nos apareceu nestas últimas datas, que nos preocupa bastante e que queremos deixar resolto o antes posible”.

0.15819215774536