O Concello de Burela homenaxea á nena Lidia Balseiro polo seu título

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello fíxolle entrega dunha placa a Lidia Balseiro Rodríguez, unha nena que se proclamou campioa galega sub 10 no Campionato de Galicia en pista cuberta celebrado en Ourense.
13 Mar 2019

O Concello fíxolle entrega dunha placa a Lidia Balseiro Rodríguez, unha nena que se proclamou campioa galega sub 10 no Campionato de Galicia en pista cuberta celebrado en Ourense. Xunto á deportista estiveron os seus pais.
No acto participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que declarou que “no Concello seguir tentando recoñecer o traballo das e dos deportistas do pobo. É un orgullo para nós que nos sigan dando alegrías coma esta e que estean a levar o nome de Burela polo mundo, a través das competicións nas que participan”.
 

0.10442209243774