O Concello de Burela súmase á campaña Desplastifícate
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Burela súmase á campaña Desplastifícate de Sogama coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
5 Xuño 2020
O Concello de Burela súmase á campaña Desplastifícate de Sogama coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “dende a Delegación de Medio Ambiente de Burela unímonos á campaña que acaba de poñer en marcha Sogama Desplastifícate: di non aos plásticos de usar e tirar, xa que nos parece de vital importancia reducir o consumo de produtos envasados e dos produtos de plástico de usar e tirar”.
A edil burelesa dixo que “para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, e qué mellor maneira para coidar o medio ambiente que seguir estes sinxelos xestos no noso día a día, polo que invitamos a todos os veciños e veciñas a unirse nesta causa”.