Burela prepara a VIII Festa Castrexa esta fin de semana

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Jun 2019

O Concello de Burela xa ten as datas para a VIII Festa Castrexa que será o 28 e 29 de xuño.
Así pois, a próxima edición da Festa Castrexa cambia de fin de semana e celebrarase a última fin de semana de xuño de 2019.

Os veciños do municipio de Burela, celebrarán unha nova edición da Festa Castrexa. Na que durante estas xornadas os asistentes poderán gozar cos actos programados para a ocasión; un desfile de clans, xogos infantís, un espectáculo de circo, o mercado castrexo, a animación circense e demais actividades programadas para a ocasión.
O programa de actividades, que aínda non está pechado, non descartar as actividades como noutras edicións, xogos castrexos ou diferentes torneos. E non faltará tampouco o aliciente gastronómico.
Como novidade, este ano a queimada do venres bébese nun maravilloso corno feito polos amigos da asociación Eu Son de Burela.
Polo precio de 3,50 euros podese mercar de forma anticipada na Peluquería O Campón, Gráficas Arfe e Óptica Alain Afflelou. E o día da festa, o prezo será de 4,00 euros.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16335296630859