O Concello de Castro acomete unha nova fase das obras do campo de fútbol
O Concello de Castro de Rei está a acometer as obras para instalar as torres de iluminación no futuro campo de fútbol de adestramento de Castro de Ribeiras de Lea. A actuación, que conta cun orzamento de 46.250 euros
financiado pola Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, «permitirá aforrar, porque todos os focos que se colocan son LED, e ter unha boa iluminación das instalacións», tal e como explica o rexedor de Castro de Rei, Francisco Balado, que indica que en total colocaranse catro torres de iluminación e que as obras deberán estar finalizadas ao longo desta semana.
A administración local, ademais, xa adxudicou á empresa Calfensa as obras da terceira fase do campo de fútbol de herba artificial, co que se avanza para a posta en marcha dunha instalación municipal «moi necesaria
e demandada» que poderán utilizar para adestrar «moitos equipos de distintas categorías» do municipio, explica o alcalde. Estes traballo supoñen un total de investimento de 133.ooo euros.
A terceira fase das obras, que xa empezarán o mes que vén, conta cun orzamento de 133.000 euros, unha partida que subvencionará a Deputación de Lugo. A actuación centrarase na colocación dunha base sintética de caucho en todo o terreo de xogo, un primeiro paso de cara á colocación do céspede artificial, a última fase do proxecto que dende o Concello queren executar o próximo ano pero que están á espera de financiamento. Como asegura Francisco Balado, alcalde, esta última fase tería un custe de 160.000 euros polo que haberá que esperar para acometela.
Ademais do céspede artificial, esa fase contemplaría a colocación do valo perimetral e as porterías.
As obras empezaron no ano 2012 a través dun taller de emprego no que os alumnos executaron o valado. Uns anos despois, en 2016, os veciños de Duarría cederon o material de recheo para a primeira fase das obras
—movéronse 400 camións de jabre— e a Xunta destinou 50.000 euros para o enchido e a drenaxe do terreo.