O Concello de Castro adxudica as obras de dúas vías nas parroquias de Mondriz e Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro adxudicou a obra de rehabilitación de dúas importantes vías municipais nas parroquias de Mondriz e Ribeiras de Lea.
aglomerado obras estradas 2
30 Xul 2022

O Concello de Castro de Rei adxudicou a obra de rehabilitación de dúas importantes vías municipais nas parroquias de Mondriz e Ribeiras de Lea, que teñen un importe total lde 101.656 euros.

Estas obras fanse con cargo ao Plan Marco da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A primeira das Vías está situada no lugra de Veigas do Couso e ten un quilómetro de lonxitude comunicando a N-640 coa estrada que discorre entre Castro Ribeiras de Lea e Ludrio.

A segunda das vías comunica o lugar de Castrillón, na parroquia de Ribeiras de Lea coa parroquia de Castelo, no Concello de Outeiro de Rei. Trátase dunha vía de case dous quilómetros.

Ambas as dúas son moi transitadas pola poboación e precisa dunha reparación debido ao intenso tráfico que soportan.

0.063883066177368