O Concello de Castro de Rei alega contra a eliminación de cinco azudes nos ríos Miño e Pequeno

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei presentou unha serie de alegacións ás actuacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil destinadas a eliminar 5 azudes nun tramo de 3'1 km no río Miño e nun tramo do río Pequeno, (nas parroquias de Pacios, Ponte de Outeiro e Muimenta) dos que 4 pertencen ó Concello de Castro de Rei e 1 ao de Cospeito.
rio mino azud castro de rei 5
18 Out 2023

O Concello de Castro de Rei presentou unha serie de alegacións ás actuacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil destinadas a eliminar 5 azudes nun tramo de 3'1 km no río Miño e nun tramo do río Pequeno, (nas parroquias de Pacios, Ponte de Outeiro e Muimenta) dos que 4 pertencen ó Concello de Castro de Rei e 1 ao de Cospeito.

Segundo explican o seu alcalde, Francisco Balado, estas estructuras correspóndense coas presas ou azudes de antigos muíños, que actualmente carecen de concesión e enmárcanse dentro das actuacións da Confederación destinadas a eliminar obras hidráulicas previstas na planificación hidrolóxica "que xustifican coas melloras da continuidade fluvial".

Dende o concello entenden que a actuación que pretende a Confederación non é a correcta por dous motivos. Aseguran en primeiro lugar que non se ten en conta o punto de vista do patrimonio cultural "xa que se trata de construccións en pedra tradicional que existen dende tempo inmemorial" (algunhas xa constan no catastro de ensenada de 1752, incluso son anteriores, e poden contar con 3 séculos de antiguedade).

Engade Balado que están construídas seguindo a “arte da pedra en seco” técnica constructiva consistente en colocar pedras sen ningún tipo de argamasa ou formigón que serva de elemento de unión, que se utilizaba en paredes, cerramento de fincas, presas, caneiros, etc… que foi declarada pola Unesco no ano 2018 como patrimonio cultural inmaterial de la humanidad.

"Nestes termos sostemos que a pretendida actuación contravén o disposto na lei 5/2016 de 4 de maio de patrimonio cultural de Galicia que no seu artigo 91 atribúe valor etnolóxico aos muiíños, batáns e á infraestructura hidráulica necesaria para o seu funcionamento", explica.

Balado explica que todas están asociadas a antigos muíños, que se ben perderon a concesión administrativa, algúns deles aínda se conservan en bo estado e incluso funcionan, "e no suposto de pretender a súa rehabilitación resultaría imposible recuperar o uso tradicional se a infraestructura hidráulica que serve de contención da auga desaparece".

Na súa explicación engade que igualmente resulta contradictorio coa propia normativa de protección das augas, on de se subliña que "se declara prioridad de interés general de la comunidad autónoma de galicia la conservación del patrimonio natural fluvial, incluyendo la biodiversidad de la flora y la fauna de los ríos gallegos, así como el patrimonio etnográfico e histórico-cultural relacionado". Explica así que "resulta contradictorio que un organismo que ten por obxecto a protección das augas e dos seus elementos, actúe precisamente en contra da normativa que protexe os mesmos".

O Concello especifica unha segunda circunstancia. Alegan que estas estructuras dende tempo inmemorial cumpren unha importante función de retención da auga, que resulta beneficiosa principalmente nos meses de verán, cando a auga escasea, formando parte do patrimonio hidráulico, polo que se entende que o feito de que se pretenda desmantelar ditas estructuras resultaría contrario ós usos da auga que se veñen facendo nas zonas agrícolas e gandeiras.

“No concello temos un exemplo recente, que facilitou a extinción do incendio que afectou a Castro de Rei o pasado 18 de agosto, no que a presa do río Azúmara, situada na área recreativa do mesmo nome, que igualmente é unha estructura hidráulica asociada ó muiño de Castro de Rei, que tamén perdeu a súa concesión, pero que grazas á auga acumulada no tramo de río, as cisternas dos gandeiros puideron abastecerse e axudar a sofocar o incendio forestal, mitigando os seus efectos, e de non existir dita estructura hidráulica, resultaría imposible facer o uso da auga que se fixo, polo que os danos terían sido moi superiores”.

0.19072198867798