O Concello de Castro de Rei arranxará unha vía de Prevesos
TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei está en proceso de adxudicación das obras de mellora dunha vía municipal na parroquia de Prevesos, concretamente a que une os núycleos de Tourodal e As Trapas.
24 Mar 2020
O Concello de Castro de Rei está en proceso de adxudicación das obras de mellora dunha vía municipal na parroquia de Prevesos, concretamente a que une os núycleos de Tourodal e As Trapas. O orzamento destinado a esta obra é preto de 50.000 euros.
Os traballos consistirán na rexeneración e pavimentación da citada vía, ao longo duns dous quilómetros, dividido en dous tramos con inicio a un quilómetro de distancia da localidade de Castro de Rei.
As obras, que se centralizarán na zona da igrexa parroquial e o cemiterio, teñen un prazo de execución dun mes desde a súa adxudicación. Consistirán na limpeza e os tratamentos para fomentar a drenaxe substituíndo o firme cun triplo tratamento botuminoso. Finalizarán co pintado da rúa.