O Concello de Castro de Rei completa o programa de Nadal con dúas cabalgatas

TerraChaXa
A xornada completarase co reparto de chocolate con churros e a actuación do Mago David
programa-de-nadal-castro-de-rei
31 Dec 2025

O Concello de Castro de Rei rematará a súa programación de Nadal coa celebración de dúas cabalgatas e unha viaxe a Xuvenlugo.

Así, o día 2 de xaneiro os nenos e nenas do municipio visitarán o XuvenLugo, e o día 5 celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis, cun programa que inclúe a chegada dos Reis Magos ao aeródromo de Rozas para ser recibidos polo alcalde, visitas aos distintos núcleos do concello e dúas cabalgatas, unha en Castro de Rei, ás 16.40, e outra en Castro Ribeiras de Lea, ás 19.00 horas, nas que se percorrerán as rúas das dúas vilas.

A xornada completarase co reparto de chocolate con churros e a actuación do Mago David, ás 17.00 horas, organizado pola Asociación Amigos da Feira en Castro de Rei.

Desde o Concello lembran que os actos ao aire libre estarán condicionados pola meteoroloxía.

⚙ Configurar cookies
0.085817813873291