O Concello de Castro de Rei destinará 571.000 euros á rexeneración de vías nas parroquias

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei ten previsto executar neste ano 2024 obras de rexeneración de vías en varias parroquias por importe de 571.
campo do carril val de francos
5 Feb 2024

O Concello de Castro de Rei ten previsto executar neste ano 2024 obras de rexeneración de vías en varias parroquias por importe de 571.000 euros, subvencionadas por distintas administracións, segundo indicou o seu alcalde, Francisco Balado.

Un grupo das obras realizarase con cargo ao Plan de Mellora de Camiños da Xunta de Galicia, na anualidade actual, e que teñen un importe de 95.696 euros.

Ademais, 227.000 euros investiranse dentro do Plan de Mellora de Camiños en Zonas de Concentración Parcelaria.

A Consellería de Medio Rural aportará un total de 49.000 euros correspondentes ao Plan de Infraestruturas.

Completan o investimento os 200.000 euros que aportará a Deputación dentro do Plan Único.

Os traballos que teñen previsto acometer son a rexeneración de vías nas parroquias de Azúmara, Balmonte, Bazar, San Martiño de Goberno, Ponte de Outeiro, Triabá, Pacios, Ramil, Ribeiras de Lea, San Xiao de Mos e Matodoso.

O Concello acometeu estes días os traballos de acondicionamento do Campo do Carril, onde se vai celebrar o Antroido de Val de Francos.

0.15648007392883