O Concello de Castro de Rei estuda coa Xunta varias actuacións en materia de mobilidade

LugoXa | TerraChaXa
O alcalde reuniuse coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue
alcalde-castro-conselleira-allegue
17 Sep 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano e á que asistiu tamén o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Lugo, Marco Antonio Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas de mobilidade sostible.

A Xunta continúa prestando apoio aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

⚙ Configurar cookies
0.10479116439819