O Concello de Castro de Rei lembra a obrigatoriedade de limpar os solares urbanos

LugoXa | TerraChaXa
O goberno local destaca a importancia de previr riscos de incendio e garantir a seguridade viaria
maleza monterroso
30 Jul 2025

O Concello de Castro de Rei lembra á cidadanía a necesidade de manter limpos e coidados os solares situados na zona urbana, especialmente ante coa chegada do verán e o acelerado crecemento da vexetación.

O goberno local destaca a importancia de previr riscos de incendio e garantir a seguridade viaria, polo que fai un chamamento urxente aos propietarios de parcelas para que procedan á súa limpeza canto antes.

A intervención deberá realizarse desde os límites da beirarrúa, asegurando que a vexetación non invada nin dificulte o paso libre e seguro dos peóns.

O bando tamén advirte de que, en caso de incumprimento, o Concello aplicará o correspondente réxime sancionador.

O Concello apela á colaboración veciñal para manter a localidade limpa, segura e coidada durante todo o ano.

⚙ Configurar cookies
0.20534205436707