O Concello de Castro de Rei licita as bases para a mellora de varias vías municipais

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei licita o contrato de obras de mantemento e mellora de vías municipais de acceso ás localidades de Vacariza, Barxa e Carballosa, que vai consistir na limpeza de cunetas, rexeneración e/ou pavimentación de varias vías municipais.
OBRAS estradas caminos vias
1 Sep 2023

O Concello de Castro de Rei licita o contrato de obras de mantemento e mellora de vías municipais de acceso ás localidades de Vacariza, Barxa e Carballosa, que vai consistir na limpeza de cunetas, rexeneración e/ou pavimentación de varias vías municipais. Os viais sobre os que se pretende actuar localízanse nas parroquias de Loentia, Santa Locaia e Mos.

O prazo de execucción do proxecto vai ser de 2 meses e vai contar cun orzamento de 104.392,75 euros a cargo do Plan de Mellora de Camiños Municipais do Agader. O inicio do prazo de execución do contrato comenzará coa acta de comprobación do replanteo.

Realizarase a limpeza e reapertura das cunetas, con motoniveladora ou retroexcavadora, para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar a súa acumulación, así como a limpeza da superficie de pavimento existente con varredora e cepillo, previamente a calquera outra actuación.

Colocaranse pasos salvacunetas e obras de drenaxe transversal das vías nos puntos indicados en planos e orzamento da obra e previamente á execución da capa de aglomerado en toda a superficie da vía e debido ao estado actual da mesma prevese unha regularización con aglomerado en quente tipo D-12 cun espesor aproximado de 1 cm, nas partes máis deterioradas. Determínase unha superficie con necesidade de regularización previa do 10% total da superficie de actuación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13585901260376